En xaneiro comezamos a 3ª edición do curso “Aprender a Pensar e Dialogar desde a Infancia(FpN). Curso de 50 horas que se  desenvolverá completamente en PLATEGA (Plataforma de Teleformación de Galicia) que é o lugar onde se desenvolven os cursos na Rede do plan de formación do profesorado.

          É un curso introdutorio pero moi completo adquirindo coa súa formación as destrezas necesarias para comezar a implementar o programa de FpN dentro das aulas.

Os OBXECTIVOS deste curso son os seguintes:

·        Ofrecer ao profesorado interesado unha formación adecuada para introducirse na aplicación na aula do programa de Filosofía para nenos e nenas.

·        Descubrir a utilidade do diálogo filosófico no ámbito educativo e desenvolver as destrezas necesarias para conducilo dentro da Comunidade de Investigación.

·        Familiarizarse coas estratexias fundamentais necesarias para ir formando unha comunidade de indagación vista como unha ferramenta para a preparación dunha sociedade democrática e pacífica.

·        Promover o pensamento crítico, creativo e coidadoso no alumnado xerando valores democráticos para a convivencia cidadá, adoptando actitudes de respecto e colaboración.

·        Coñecer ferramentas e recursos multiculturais favorecedores da filosofía lúdica.

·        Indagar na  metacognición e a avaliación figuro-analóxica

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

Contacta con nosotros

Ponte en contacto con nosotros y te resolveremos cualquier duda o pregunta.