Volvemos a Lipman. Nunha das súas obras xa clásica, A filosofía no aula (1992), reflexiona sobre o papel que ao seu xuízo debe xogar a filosofía na educación, e dinos cousas como esta: “O modelo tribal de educación, polo que o neno iníciase na cultura, de feito logra que a cultura asimile ao neno. Ao contrario, o modelo reflexivo de educación procura que o neno asimile a cultura. Un bo exemplo á propósito disto sería o libro de texto. Tal e como habitualmente existe, o libro de texto é un recurso didáctico que se levanta contra o neno como un outro alleo e ríxido. Ten este inexorable carácter porque representa o produto final do punto de vista aceptado ou do adulto sobre a materia.(…) Segue estando organizado lóxicamente, cun índice xeral ou unha sucesión de lecturas, no canto de seguir unha orde psicolóxica, no sentido en que se desenvolven os intereses e as motivacións do neno. Non é algo que o mozo quere gozar ou posuír, como un se divirte e asimila un conto ou un cadro; pola contra, resulta ser un resumo de contidos formal, monótono, atafegante e, moitas veces inintelixible que se espera que o neno aprenda.”1

Por iso, no currículo de Filosofía para Nenos “o texto tradicional deu paso á novela filosófica, unha obra de ficción que consta, na medida do posible, de diálogos, de forma que queda eliminada a molesta voz do narrador adulto. Cada páxina está salpicada de abundantes ideas filosóficas, de maneira que é raro que un mozo lea unha páxina sen tropezar con algún problema, algunha polémica ou algunha perplexidade. Como os nenos que aparecen na novela chegan a implicarse nunha cooperación intelectual, e deste xeito forman unha comunidade de investigación, a historia convértese en modelo de comportamento para os nenos no aula.(…) De igual modo, o tradicional ?manual do profesor?, un compendio de aburridas instrucións e exercicios con respostas, deu paso a índices, estratexias de preguntas e plans de discusión, deseñados para suscitar o diálogo por medio do cal hai que manexar e comprender os conceptos mencionados no texto”2

Ao pouco tempo de ser presentado este programa en España fóronse formando grupos de profesor@s interesad@s no mesmo. Aparte da necesidade de formación, un dos propósitos que se foron manifestando foi o de crear novos materiais máis adaptados e contextualizados á nosa realidade social e cultural. E o certo é que se fixeron cousas verdadeiramente fermosas, partindo de contos, usando a arte, visitando a mitoloxía… sempre dentro deste enfoque que nos propón Lipman nas liñas anteriores.
No Centro de FpN de Galicia tamén quixemos facer a nosa achega propia e comezamos a partir duns diálogos reunidos baixo o título de Horacio Lumbreras que nos construíu María Corleone, a nosa escritora de cabeceira.

Cando nos puxemos a traballar na súa aplicación cos nenos démonos conta de que sería moi bo facer unha presentación dos personaxes que dialogan, para facilitar a identificación empática dos lectores cos distintos personaxes, así que volvemos de novo á nosa creadora e pedímoslle un conto para cada un. Como resultado apareceron Antón, Óscar, María, Salvatore e Lara, cada un co seu mundo propio, as súas reflexións, desexos, problemas. Cinco contos que son unha das bases nas que se suxeita o proxecto Miroscopio.

Pero ademais do texto a nosa escritora proporcionounos unhas ilustracións realmente orixinais. Unha inversión de perspectivas espaciais, resultado doutras miradas ao noso redor cotián, como a que pode ter un neno de 5 anos da mesa de comedor da súa casa.
Miradas reais situadas en perspectivas imposibles, resultado de imaxinar desde arriba unha mesa de comedor para adultos imaxinada polo que só mira desde abaixo. Esa mirada parte dun universo estético moi persoal, do que teredes unha completa mostra nos contos.

1Lipman, Matthew: La filosofía en el aula. Ed. De La Torre, Madrid, 1992. p.41

2Ibid. pgs. 24-25

E, POR FIN, VELAQUÍ O PRIMEIRO CONTO: ANTÓN, O NENO QUE NACEU NUNHA LÚA DE AUGA:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

Contacta con nosotros

Ponte en contacto con nosotros y te resolveremos cualquier duda o pregunta.