Algunhas preguntas que atoparás nos moitos plans de diálogo que aparecen na Guía que acompaña ao conto.

Lembramos o que faciamos antes de nacer? Como nos imaxinamos nesa situación? En que se asemella e en que se diferencia da nosa situación actual?

Pódese estar tristeiro antes de nacer? Pódese estar ledo ou preocupado?

Elixen @s fill@s aos seus pais? Elixen os pais aos seus fill@s?

Se tiveses outra cara, serías outra persoa?

Entendes o que quere dicir un bebé cando chora? Quererá dicir algo?

Que podemos facer para entendernos mellor?

Lembras algunha ocasión na que tentaches comunicarte e os demais non te entendían?

Énchese o teu cerebro de medo?

Que significa o termo “adopción”?

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

Contacta con nosotros

Ponte en contacto con nosotros y te resolveremos cualquier duda o pregunta.