Centro de Filosofía para Nenas e Nenos de Galicia

Un lugar de encontro para coñecer e difundir o proxecto de Matthew Lipman e Ann Sharp.

Que facemos?

Filosofía para nenos

Este é a páxina web do Centro de Filosofía para Nenas e Nenos de Galicia. Aínda que levamos uns cantos anos polo mundo educativo, é agora cando, por fin, asomámonos ao mundo virtual. Desexamos que este sexa un lugar de encontro no que poidamos compartir coñecementos, experiencias, novas, e por que non, sorrisos.

Aquí converxemos persoas que temos chegado a través de diversas vías, sempre no apaixoante proxecto que puxeron en marcha Matthew Lipman e Ann Sharp. Podemos dicir dende a sinxeleza que temos contado a quen nos quixo escoitar que Filosofía para Crianzas é un programa poderoso, cheo de ideas que axudan a que a educación forma e informal avancen no propósito de contribuir ao desenvolvemento de persoas razoables, creativas e coidadosas.

Dende este lugar a medio camiño entre o real e o máxico agardamos tecer redes de complicidade. Vémonos no traxecto.

Contacta connosco

Póñase en contacto connosco e resolveremos calquera dúbida ou pregunta.