Sobre nós

Este é a páxina web do Centro de Filosofía para Nenas e Nenos de Galicia. Aínda que levamos uns cantos anos polo mundo educativo, é agora cando, por fin, asomámonos ao mundo virtual. Desexamos que este sexa un lugar de encontro no que poidamos compartir coñecementos, experiencias, novas, e por que non, sorrisos.

Aquí converxemos persoas que temos chegado a través de diversas vías, sempre no apaixoante proxecto que puxeron en marcha Mathew Lipman e Ann Sharp. Podemos dicir dende a sinxeleza que temos contado a quen nos quixo escoitar que Filosofía para Crianzas é un programa poderoso, cheo de ideas que axudan a que a educación forma e informal avancen no propósito de contribuir ao desenvolvemento de persoas razoables, creativas e coidadosas.

Dende este lugar a medio camiño entre o real e o máxico agardamos tecer redes de complicidade. Vémonos no traxecto.

O equipo

Mar Santiago Arca

Mestra de Educación Infantil, licenciada en Psicopedagoxía por la Universidade de A Coruña.
Ampla experiencia como formadora de formadores nos diferentes Centros de Formación e Recursos galegos, nos eidos do pensamento das crianzas: Filosofía para nenos e nenas, Traballo por proxectos, Enfoques innovadores nas aulas, Proxecto “O xardín de Juanita”, etc. de forma presencial e en rede.

Javier F. Rouco Ferreiro

Mestre de Educación Infantil dende 1990
Asesor de Formación durante 9 años nos Centros de Formación e Recursos de Santiago e A Coruña (Consellería de Educación. Xunta de Galicia). Doutor en Pedagoxía (1997) pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña dende 2009.

Lidia Gómez Fraga

Mestra de Educación Infantil
Coautora dos materiais didácticos do Proxecto Miroscopio. Impartiu formación ao profesorado nos Centros de Formación e Recursos de Galicia.Formación teatral e de expresión corporal.Postgrao en psicomotricidade. Alumna entusiasta de Biodanza con Sara Rodríguez en Pontevedra no ano 2015, a partir de aí creou o obradoiro Filodanza.

Jesús Merino Palacios

Profesor de Filosofía de Educación Secundaria en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Vencellado ao programa “Filosofía para Nen@s” dende 1989. Coautor dos materiais didácticos deo Proxecto Miroscopio. Animador de cafés filosóficos.

Docente nos Obradoiros de Pensamento Libre de Galicia. FADEMGA

María del Carmen Loureiro López

Diplomada en Profesorado de Ensinanza Xeral Básica pola Escola Universitaria do Profesorado (Madrid, 1976) - Especialidades: Ciencias Humanas, Lingua Galega e Lingua Española.
Licenciada en Filosofía e Letras. División de Filosofía e Ciencias da Educación (Sección PSICOLOXÍA) – Universidade Autónoma de Madrid (1979)
Con experiencia na formación de docentes dende o ano 1992
Vinculada á FpN dende o ano 1993
Formadora de Formadores de FpN na Universidade Autónoma de Madrid ao longo de varios ano

María Nita Rivas Fernández

Profesora de Educación Primaria, especialista en Lingua Galega, Lingua Castelá, Francés e Audición e Linguaxe.
En exercicio desde o 1976 ao 2015. Vencellada ao programa “Filosofía para Nenos” desde 1993. Coautora dos pmetriais didácticos do Proxecto Miroscopio.

Sara Xoana Maneiro García

Mestra de Educación Infantil.

Máster  Filosofía 3/18- Universidade de Girona. Formadora de formadores acreditada polo centro estatal da FpN de España. Premio de Innovación Educativa 2009 da CCEU de Galicia baseado no programa FpN. Colabora co Centro Autonómico de Formación do Profesorado (CAFI) impartindo cursos de FpN e metodoloxías activas. Creadora e titora do curso “Aprender a pensar na infancia. FpN” en PLATEGA, plataforma galega de teleformación. Docente nos Obradoiros de Pensamento Libre de Galicia. FADEMGA

Contacta connosco

Fálanos: responderemos deseguido