Proxecto Miroscopio
BENVIDOS AO MUNDO MIROSCOPIO
Aquí temos unha proposta que nos convida a escoitar e mirar doutro xeito, que nos convida a… miroscopiar. O miroscopio é un artefacto que xorde da potente creatividade dun neno narrador. Esa imaxe que el nos regalou púxonos no camiño desta proposta: temos que miroscopiar, que é mirar escoitando, que é mirar observando, que é mirar cara a dentro e darlle voltas á mirada, que é mirar preguntando, que é mirar pedindo explicacións, que é un mirar coidadoso e agarimoso…que é en definitiva o que fan todos os nenos do mundo aínda que non o saiban.
Carmen Loureiro, Nita Rivas, Lidia Gómez, Lola Folgar, Gema Sampedro, Jesús Merino
As nosas últimas publicacións
Contacta connosco
Póñase en contacto connosco e resolveremos calquera dúbida ou pregunta.
